Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello presenta alegacións para que se...

TRANSPORTES

O Concello presenta alegacións para que se manteñan os servizos de ‘Arriva’

Xoves 29 de decembro do 2005

Na primeira das mesmas, o Concello sostén que a fracción en tres bloques non debe supoñer, en primeiro lugar, unha diminución do número de viaxes que actualmente chegan e saen da localidade. En segundo lugar, segundo reflicte a alegación, o Concello considera que para facer unha viaxe (p.e. de Fisterra a Coruña) non se teña que cambiar de empresa nin de autobuses debido ao fraccionamento citado, xa que antes podíase facer directamente cunha soa e nun único transporte. A segunda das alegacións formuladas propón á Dirección Xeral de Transporte que se inclúa ao Concello de Carballo dentro do Transporte Metropolitano da Coruña, no que xa están integrados, entre outros, os concellos de Arteixo, Oleiros, Sada e Culleredo.

Compartir: