TURISMO
Os panadeiros xa poden retirar as instancias para solicitar a marca ‘Pan de Carballo’
Xoves 29 de decembro do 2005
As panaderías que queiran participar da proposta deberán cumplir a lexislación correspondente, ter forno e elaborar pan de molete. O Concello, pola súa parte, mantén a titularidade da marca. Os letreiros coa imaxe identificativa do Pan de Carballo estarán listos o vindeiro mes de xaneiro, e a súa adquisición será o único gasto ao que deberán facer frente os panadeiros en todo o proceso.