CULTURA
‘Un Cuarteto Divertido’ achega a música aos máis pequenos
Xoves 29 de decembro do 2005
Desde a súa creación, este cuarteto estivo traballando na idea de desmitificar a música clásica, intentando que a coñezan todos os ointes dunha maneira divertida. Para logralo, tentan de facer partícipes ao público do concerto, ben cantando ou ben acompañando aos músicos dunha forma máis directa (batendo palmas, intentando tocar un instrumento, etc.) O repertorio abrangue unha selección das obras máis populares do repertorio clásico mesturados con adaptacións para cuarteto de corda de cancións para nenos. Non faltarán as demostracións de cada instrumento así como as diferentes maneiras de interpretar a mesma música dependendo do carácter empregado. Un Cuarteto Divertido está integrado por Marcos Seoane, violín; Alfonso Franco, violín; Isabel Abril, viola e Javier Nigrán, violoncello.