SUMINISTRO ELÉCTRICO
O Concello denunciará ante Industria e Fenosa os últimos fallos no suministro
Mércores 28 de decembro do 2005
Ante esta situación, o Concello de Carballo presentará unha queixa ante a Consellería de Industria e a empresa suministradora para que se erradiquen eses fallos no suministro. Xa polas mesmas datas do ano pasado, o Concello reclamara unha solución polo mesmo motivo, con cortes de luz que afectaran tamén á rúa Coruña, ademáis de Camiño Novo, Vázquez de Parga e Avenida Ponte da Pedra. A mediados do presente exercicio a Delegación Provincial de Industria resolvera, nese sentido, requerir a Unión Fenosa que procedera a suministrar de maneira permanente e axustada a tensión nominal de enerxía eléctrica nesas zonas, ademáis de necesidade de presentar un informe da instalación necesaria para solucionar as irregularidades. As manifestacións do Concello, por certo, non foron rebatidas pola empresa eléctrica. Vistas as novas deficiencias do servicio, neste caso na rúa Coruña, o Concello demandará una solución aos problemas para favorecer a actividade comercial e non crear molestias aos veciños.