Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello fletará un bus para acudir a...

DEPORTES

O Concello fletará un bus para acudir a estrea da Selección Galega de fútbol

Mércores 28 de decembro do 2005

A retirada das entradas deberá facerse no Concello de Carballo, na secretaría da Alcaldía, antes das 13,00 horas do xoves 29 de decembro. O autobús para acudir a Santiago salirá da Praza do Concello ás 19,00 horas e, unha hora máis tarde, fará a parada na Avenida de Fernando de Casa Novas, en Santiago de Compostela. Os asistentes ao partido deben ter en conta as causas que impiden a entrada o campo, como:

  • A introdución de bebidas alcohólicas, armas, instrumentos susceptibles de ser utilizados como tales, bengalas, fogos de artificio ou obxetos análogos.
  • A introdución e exhibición de pancartas, símbolos, emblemas ou lendas que impliquen incitación á violencia.
  • Toda persoa que fora sancionada coa prohibición de acceso a calquera recinto deportivo en tanto non extinguise a sanción.
  • Atoparse baixo os efectos de bebidas alcohólicas, estupefacientes, psicotrópicos, estimulantes ou sustancias análogas.

  • No caso de traer comida -sobre todo pensando nos nenos- os envases das bebidas, alimentos e demáis productos, non poderán ser botellas ou recipientes de metal, vidro, cerámica, madeira ou calquera outro material similar, incluíndo latas de bebidas.

    Compartir: