CULTURA
Aracaladanza ofrece un novo espectáculo no ‘Nadalpequespectacular’
Mércores 28 de decembro do 2005
Aracaladanza leva traballando 13 anos coa imaxinación e a danza, poñendo en escea espectáculos infantís e adolescentes, historias sinxelas que, a través do vestiario, música, ritmo e movemento, saben tamén involucrar ao espectador adulto nun mundo fantástico. A compañía trata de integrar a linguaxe das marionetas coa danza contemporánea. Nada...nada é un espectáculo no que as bailarinas de Aracaladanza comparten escenario con fantásticos animais e personaxes. A idea desta compañía é a de inventar dunha maneira máxica unha viaxe que sempre se sabe como empeza pero sobre a que non se poden facer apostas sobre as súas consecuencias. A viaxe organízase coa imaxinación e os soños, transportados á escea gracias a títeres e marionetas que son movidos polas propias bailarinas. A música, que foi composta por Mariano P. Lozano e Pascal Gaigne, funciona como parte integrante do traballo xeral.