CENTRO DE FORMACIÓN
O Concello formalizará a contratación dos 36 alumnos da escola obradoiro ‘Casa dos Oficios’
Domingo 25 de decembro do 2005
A Escola Obradoiro Casa dos Oficios está encamiñada a mellorar a cualificación profesional dos desempregados menores de 25 anos e nesta nova etapa o alumnado alternará a formación teórica coa práctica profesional nas especialidades de carpintería de madeira, aluminio, cantería, albanelería e pladur. A finalidade á a de construir un novo Centro de Formación Ocupacional no antigo recinto feiral do barrio da Milagrosa, que dé resposta ás necesidade formativas do tecido empresarial.