CULTURA
O Museo Bergantiños acolle a inauguración da exposición do Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís
Martes 27 de decembro do 2005
No acto tamén estarán presentes os gañadores do Certame. Son Luis Miguel Dopico Prego, primeiro premio dotado con 500 euros, Salvador Brun Pérez, segundo premio dotado con 350 euros, Fernando Román Areán, premio especial Carballo dotado con 350 euros e Carlos Seoane Pazos, accésit dotado con 150 euros.
Nadal Cultural
Ademáis da inauguración da exposición, o Nadal Cultural do Concello de Carballo achega este martes, 27 de decembro, un novo espectáculo dos Monicreques de Kukas para o público infantil. O Pazo da Cultura é o escenario da representación de Contos do vento acatarrado, unha obra que intenta achegar a todos os públicos unha serie de contos de Marcelino de Santiago que aluden a temas de tanta importancia como o pacifismo, a exoloxía, a solidariedade e xenerosidade ou o valor da amizade e o respeto polas igualdades desde o respeto á diferencia. A compañía conxuga o traballo actoral coa manipulación de diferentes tipos de marionetas.