CULTURA
O Nadal Cultural achega unha gran variedade de actos durante toda a semana
Luns 26 de decembro do 2005
Os Monicreques de Kukas, dentro do Nadalpequespectacular, ofrecen o martes, 27 de decembro, o seu espectáculo Contos de vento acatarrado no Pazo da Cultura. Tamén na programación destinada aos máis pequenos a Compañía Aracaladanza ofrece o seu espectáculo de danza Nada...nada, o mércores 28 de decembro no Pazo da Cultura. O xoves, 29 de decembro, será o turno do espectáculo musical de Un cuarteto divertido e o venres, 30 de decembro, o Mago teto ofrece un espectáculo de maxia. Estas dúas actuacións tamén teñen cabida no Pazo da Cultura e a entrada, como en todos os casos, é gratuita. Ese venres, ademáis, pecharanse os actos desta semana do Nadal Cultural cunha chocolatada na Ludoteca Municipal.