Inicio Carballo ao día Hemeroteca Carballo seguirá contando con Pista de Xeo...

DEPORTE

Carballo seguirá contando con Pista de Xeo o vindeiro ano

Luns 26 de decembro do 2005

A visita do Director Xeral de Deportes foi aproveitada polo goberno municipal para trasladarlle a necesidade de cambiar o céspede do campo de fútbol das Eiroas. Santiago Domínguez recoñeceu a necesidade e urxencia da actuación e a intención de facer todo o posible para proceder ao cambio. O principal hándicap para levar a cabo a mellora radica en que os orzamentos da Xunta para 2006 están prácticamente comprometidos. A posible contrucción dunhas pistas de pádel nas instalacións deportivas da Zona Escolar quedou igualemente pendente, polo mismo motivo que o do terreo de xogo das Eiroas.

Compartir: