TURISMO
O Concello pon en marcha un proxecto de formación das mariscadoras de Baldaio
Venres 23 de decembro do 2005
O proxecto de formación conta co seguinte programa, a desenvolver desde o día 26 de decembro ata o día 30 de decembro:
Luns, día 26: A primeira charla versará sobre o medio natural de Baldaio, con amplitude, deténdose nos diferentes ecosistemas e enmarcando os valores e a importancia do lugar desde o punto de vista natural. Martes, día 27: O segundo día contempla a introductoria aos novos productos turísticos. Mércores, día 28: Os Fundamentos da Educación e Interpretación Ambiental e a súa aplicación ao turismo alternativo serán os temas a abrodar. Ademáis, afondarase nas ferramentas e as técnicas da interpretación ambiental aplicadas.Xoves, día 29: Contemplase unha charla sobre o desenvolvemento dunha idea empresarial en torno aos valores que teñen os espazos naturais, cun exercicio práctico.Venres día 30: A quinta xornada aborda cuestións referentes aos valores etnográficos da zona de Bergantiños.
Todas as xornadas levaranse a cabo na Escola de Lema.