PATRIMONIO
A elaboración do Inventario Municipal de Bens comezará en xaneiro
Venres 23 de decembro do 2005
Os traballos de elaboración do inventario municipal comprenden tres fases. Na primeira farase un estudio e planificación dos traballos a realizar, como a fixación de obxectivos, unificación de criterios de traballo, ordenación da información e documentación facilitada polo Concello, a recopilación de toda a información disponible, a presentación do programa de traballo e as reunións de coordinación, en caso de necesitalas. Na segunda das fases, o traballo de campo, procederase a verificar a información documental coa realidade fiscal dos bens e dereitos do Concello, ademáis de elaborar o programa de traballo, determinar as normas de valoracións dos bens e dereitos, realizar o inventario e procesamento dos datos, comprobar e validar e reunirse para coordinar e facer un seguimento cos responsables do proxecto designados polo Concello. Tamén inclúe esta segunda fase a inspección física dos elementos, a verificación documental, a valoración, a introducción da información, a definición dos procedementos de xestión integral do patrimonio e o seu manteñemento, a definición e verificación do sistema de control e o plan de formación. Na fase final, os traballos centraranse na comprobación e validación final dos datos obtidos, os listados definitivos con unificación de formato segundo as fichas deseñadas na fase inicial, reunións finais cos responsables do proxecto e o informe final, que conterá a descripción do traballo realizado e as principais conclusións e recomendacións sobre a xestión e manteñemento do inventario. O derradeiro paso será a presentación definitiva do inventario en soporte papel e informático. O prazo de execución de todo o traballo, incluidas as tres fases, será de seis meses.