Inicio Carballo ao día Hemeroteca Declaración da Alcaldía con motivo...

25 DE XULLO

Declaración da Alcaldía con motivo do Día da Patria

Venres 22 de xullo do 2005

Milleiros de lábios foron tecendo no tempo a verba que nos identifica, e foron os canteiros, os alvaneis, os ferreiros e os mareantes pondo pedra a pedra, día a día, todo aquello que nos conmove e que chamamos Galiza.

Saiu o semeador e froitificou logo a súa colleita. Viñeron os alárbios a nos devorar o pan e viñeron os túzaros a encader o noso espírito e aproveitaren o noso esforzo.

Hoxe temos a Pátria por celebrar. Milleiros de mans novas, milleiros de voces, milleiros de corazóns como bandeiras, reclaman unha Galiza aberta e sen fronteiras, dona de seu, co seu lugar no mundo.

O que boga no mar, o que labourea na cortiña, aquel que escreve, aquel que canta, quen pon o lombo na tarefa e quen pon o sentido no que pensa, un a un van facendo, restaurando, sandando o antigo solar, malferido das bestas.

É un labor calado, silandeiro, preciso. Neste dia en que se aviva máis o sentimento estamos convocados para que cada quen poña neste traballo todo o empeño e toda a valentía. O Día da Patria Santiago é o encontro.

Carballo 25 de xullo de 2005
DIA DA PATRIA

Asdo.: Evéncio Ferrero Rodríguez
Alcalde de Carballo
* Texto de Antón Avilés de Taramancos. In memoriam.

Compartir: