POLÍGONO INDUSTRIAL
Xestur desenvolverá a segunda e terceira fase do polígono industrial de Bértoa conxuntamente
Venres 23 de decembro do 2005
As dúas zonas desenvolveranse de forma conxunta xa que, aínda que se trate de dous proxectos diferentes, o goberno traballou para que o seu desenvolvemento fora continuo. O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, manifestou ao respecto que se trata "dunha excelente nova que vai convertir ao polígono de Bértoa nun dos de maior dimensión e con máis importancia na zona sur da provincia de A Coruña". Evencio Ferrero engadiu que a ampliación responde a "unha aposta do goberno municipal na que existe a colaboración da Consellería de Vivenda e Solo e Xestur e que permitirá a ocupación por parte de industrias que xerarán creación de emprego". O rexedor local manifestou, ademáis, que "este é o mellor regalo de Nadal que lle podemos facer aos carballeses".
Ampliación
Pódese contemplar a ampliación de solo industrial aprobada no documento relacionado a esta nova. As dúas zonas de cor laranxa son as que se desenvolverán de forma conxunta, ampliación que completa á que se está a desenvolver na actualidade.