TURISMO
O Concello presentou aos panadeiros a marca ‘Pan de Carballo’
Xoves 22 de decembro do 2005
As panaderías de Carballo contan cun mes para presentar a solicitude correspondente para participar da iniciativa e explicar en qué soporte o queren usar. Ademáis, deben cumplir a lexislación correspondente, ter forno e elaborar pan de molete. O Concello, pola súa parte, mantén a titularidade da marca. Os letreiros coa imaxe identificativa do Pan de Carballo estarán listos o vindeiro mes de xaneiro, e a súa adquisición será o único gasto ao que deberán facer frente os panadeiros en todo o proceso. A xuntanza, ademáis, serviu para abordar outros temas, como a posibilidade de constituir unha asociación de panadieros ou recuperar a Festa do Pan. Temas que, en todo caso, seguirán debatíndose en posteriores xuntanzas.