LECER
Os escolares do municipio xa disfrutan da Pista de Xeo
Mércores 21 de decembro do 2005
O Concello de Carballo, en colaboración con Creativa Dixital, Grupo Gadisa e a Secretaría Xeral para o Deporte, achega esta iniciativa ao municipio co obxectivo de convertir á localidade nun punto de encontro para familias de toda a comarca. A pista de xeo estará aberta ata o 15 de xaneiro, e o horario de utilización da pista será de 10,00 a 14,00 horas pola mañán e de 16,00 a 21,00 pola tarde. O prezo para facer utilización da pista é de 5 euros, incluido o aluguer dos patíns.
Inauguración oficial
O Director Xeral de Deportes, Santiago Domínguez, será o encargado de inaugurar oficialmente a Pista de Xeo instalada no polideportivo Bergantiños. Será o xoves 22 de decembro, ás 17,00 horas.