SOLO INDUSTRIAL
A ampliación do polígono de Bértoa será unha realidade a principios de 2007
Martes 20 de decembro do 2005
O desenvolvemento das infraestructuras enerxéticas e de comunicación e a ampliación do solo industrial foros os temas que centraron o interese da xuntaza. No tocante a ampliación de solo industrial, deuse conta da tramitación realizada ata o momento para levar a cabo a ampliación do polígono de Bértoa. Neste sentido, o alcalde de Carballo manifestou que "e unha excelente nova que o solo industrial vaia triplicar a oferta de solo actual. As 74 hectáreas nas que se traballan na actualidade serán unha realidade en 2007, e esperemos que para esa data se podan desenvolver outras 54 hectáreas. Esto convertiría ao polígono de Bértoa nun dos de maior dimensión e con máis importancia na zona sur da provincia de A Coruña". Evencio Ferrero engadiu que a ampliación reponde a "unha aposta do goberno municipal na que existe a colaboración da Consellería de Vivenda e Solo e Xestur. Esperemos que o proceso de adquisición se poda facer en condicións normais e que a ampliación posibilite que o solo industrial se ocupe de maneira rápida por parte de industrias que xerarán creación de emprego". Ademáis, Anxo Ramón Calvo anunciou tamén para 2007 a chegada de gas ao polígono industrial de Bértoa. En todo caso, está previsto que estes asuntos se concreten co propio conselleiro, nunha visita que oficiará a Carballo no primeiro trimestre do ano 2006.