OBRAS
Adxudícase a obra de apertura da rúa Vila de Negreira
Xoves 21 de xullo do 2005
A rúa Vila de Negreira - que é un proxecto moi demandado pola sociedade carballesa dende hai décadas - vai enlazar coa rotonda da rúa do Sol, aínda en proxecto, pero que está xa a funcionar con éxito de maneira provisional.
Tamén na Xunta de Goberno local foi aprobada a adxudicación do subministro de semáforos para a rúa Gran Vía nos cruces con Doutor Fleming e coa rúa Alfredo Brañas. O orzamento previsto para esta obra é de 35.922,35 euros.
Na reunión adxudicouse tamén a obra de mellora da capa de rodadura de camiño rural Taboada - Souto Grande, na parroquia de Entrecruces, ao que se van destinar 49.785 euros.