Inicio Carballo ao día Hemeroteca Máis de 300 escolares participan no...

DEPORTE

Máis de 300 escolares participan no Terceiro Campo a Través ‘Concello de Carballo’

Venres 16 de decembro do 2005

Establécense catro categorías de participación, que son Benxamín, Alevín, Infantil e Cadete. Cada equipo estará formado por seis corredores, dos que puntuarán os catro mellor clasificados. Ademáis, establécense dúas clasificacións:
Individual, segundo a orde de entrada en meta.
Por equipos, sumando os puntos polos catro corredores mellor clasificados.

As distancias a percorrer serán de 500 metros para os benxamíns, 800 para o alevín femenino, 1.900 para o alevín masculino, 1.600 para o infantil femenino, 2.900 para o infantil masculino, 2.000 para o cadete femenino e 3.500 para o cadete masculino. Os participantes da proba de Campo a Través serán os nenos e nenas dos seguintes centros ou entidades deportivas:

  • A.P.A. San Martiño do C.E.I.P. Nétoma Razo de Carballo (17 nenos/as)
  • C.E.I.P. Bergantiños de Carballo (20 nenos/as)
  • C.E.I.P. Fogar de Carballo (132 nenos/as)
  • C.E.I.P. A Cristina de Carballo (45 nenos/as)
  • C.E.I.P. Xesús San Luis Romero de Carballo (49 nenos/as)
  • C.E.I.P. Gándara Sofán de Carballo (5 nenos/as)
  • C.E.I.P. Caión de Laracha (15 nenos/as)
  • I.E.S Agra de Leborís de Laracha (16 nenos/as)
  • Fogar Triatlón Carballo (28 nenos/as)

  • O número de participantes por categorías é de 96 nenos/as en benxamín mixto, 45 en alevín femenino, 55 en alevín masculino, 45 en infantil femenino, 53 en infantil masculino, 15 en cadete femenino e 18 en cadete masculino.

    Compartir: