Inicio Carballo ao día Hemeroteca A web municipal de Carballo achégase ao...

EN MENOS DE SEIS MESES

A web municipal de Carballo achégase ao cuarto de millón de consultas

Xoves 15 de decembro do 2005

Nos 175 días de andaina, a web institucional de Carballo rexistrou un número de consultas que multiplica por oito o número de habitantes do municipio. En total, foron máis de 250.000 as peticións de información producidas dende comezos de xullo de 2005.

O balanzo deixa unha media mensual próxima ás 50.000 consultas, sendo outubro o período no que se rexistrou unha maior actividade. No que respecta aos hábitos dos usuarios, a maioría destas visitas producíronse no tramo comprendido entre as 12:00 e as 15:00 horas. As páxinas que suscitan un maior interese son aquelas sometidas a unha maior actualización, como é o caso da axenda e as novas.

"Carballo" e "Concello de Carballo" son os termos solicitados pola maioría dos usuarios que acceden á web municipal por medio de buscadores. Nesta listaxe atopamos tamén claros sinais do interese turístico que esperta o municipio, con procuras como "Carballo turismo", "praia de Razo", "Baldaio" ou "Cámping de Razo". Cómpre salientar, asemade, a busca de información relacionada coa actividade económica do municipio -"polígono industrial de Bértoa", "Calvo conserveira"- e os servizos que ofrece o Concello -"actividades de piscina", "catastro de Carballo" ou "casa dos oficios"-.

Compartir: