Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello prepara un convenio para ampliar o...

POLÍGONO DE BÉRTOA

O Concello prepara un convenio para ampliar o solo industrial

Xoves 15 de decembro do 2005

A intención do Concello de Carballo é a de desenvolver dúas zonas de 11’44 e 42’63 hectáreas. Un total de 54 hectáreas que virían a complemetar ás 74 da segunda fase. O novidoso que trascendeu da reunión é que se pretenden desenvolver de forma conxunta. Aínda que se trate de dous proxectos diferentes, o seu desenvolvemento será continuo. O Concello conta xa cun borrador de convenio do que se fará a proposta de texto definitivo para remitir ao Instituto Galego de Vivenda e Solo. A intención é a de desenvolver canto antes o texto para poder facer unha sola actuación. Ao encontro acudiron tamén o concelleiro de urbanismo, Manuel Andrade, e o de industria e comercio, Francisco Pérez.

Compartir: