Inicio Carballo ao día Hemeroteca Xan Fraga e Carlos Díaz presentan ‘A...

CULTURA

Xan Fraga e Carlos Díaz presentan ‘A Memoria de Carballo’

Xoves 15 de decembro do 2005

Ademáis dos autores do libro, ao acto de presentación asistirán Evencio Ferrero, alcalde de Carballo, Belén Lendoiro, concelleira de Cultura e Manuel Bragado, director de Xerais.

Nadal Cultural

A presentación de Memorias de Carballo está incluida na programación do Nadal Cultural do Concello de Carballo, que contempla para esta fin de semana outros actos a desenvolver na localidade. O venres 16 de decembro está prevista a Entrega de Premios do Concurso de Carteis de Nadal, a actuación do Mago Richard para os máis pequenos e o concerto multimedia Tempo de Nadal a cargo do Trío Arpía. O sábado 16 de decembro, ademáis do Cine de Nadal no baixo da Igrexa de San Cristovo, o Pazo da Cultura acolle o Festival de Panxoliñas, no que actuarán o Coro da Asociación de Amas de Casa e o Coro O Candil.

Compartir: