Xunta de Goberno local
Aprobados dous convenios para programación e divulgación do patrimonio cultural
Xoves 21 de xullo do 2005
O Concello de Carballo comprometeuse, a través do convenio de colaboración cultural para as actividades Cultura Túa, a organizar cinco actuacións teatrais que correron a cargo dos grupos: Os sete magníficos máis un, Talía teatro, Nueva poesía, Emilio Cao e a Compañía do Trinke Trinke. A participación económica do Concello foi do 40% do custe destas actuacións (2.630 €), e a Consellaría achegou o 60% restante, un total de 3.945 €.
O segundo convenio de colaboración cultural está destinado á organización de diferentes actividades de promoción e divulgación do patrimonio cultural galego. A este fin, a Consellaría de Cultura destinou un total de 3.000 euros.