Inicio Carballo ao día Hemeroteca Carballo contará cunha pista de xeo para...

LECER

Carballo contará cunha pista de xeo para as festas do Nadal

Mércores 14 de decembro do 2005

A pista de xeo conta cunhas dimensións de 15x30 metros e a capacidade, segundo normativa europea, sitúase en 150 persoas patinando. O horario de utilización da pista será de 10,00 a 14,00 horas pola mañán e de 16,00 a 21,00 pola tarde O Concello de Carballo repartirá entradas gratuitas entre todos os escolares da localidade, mentres que o Centro Comercial Bergantiños Haley repartirá invitacións entre os seus clientes. O precio para facer utilización da pista é de 5 euros. No acto de presentación da iniciativo, o Director de Creativa Dixital, César García, manifestou ao respecto que "é unha gran satisfacción e responsabilidade levar un proxecto desta altura adiante, aó ao alcance das grandes cidades". Pola súa banda, o director de comunicación do Grupo Gadisa, José Luis Fernández, mostrouse "sorprendido positivamente por poder facer realidade este proxecto tan complicado e difícil de desenvolver". A delegada provincial de Cultura e Deporte, a carballesa Milagros Lantes, engadiu a "importancia de participar en iniciativas como esta. É moi importante facer que deportes minoritarios sexan coñecidos por toda a poboación e que o deporte veña a nós. Coido que esta actividade vai supor un cambio para Carballo e confío en que sirva para que outros deportes se acheguen ao concello". O concelleiro de comercio, Francisco Pérez, manifestou que "a instalación da pista de xeo serve para que a xente se de conta do papel de Carballo como cabeceira da Costa da Morte. Se seguemos nesta liña de desenvolvemento estaremos na liña de cabeza dos concellos de Galicia". O alcalde de Carballo suliñou que, coa instalación da pista de xeo, "estamos diante dun salto cualitativo. Queremos que a xente visualice o cambio dunha pequena vila nun municipio importante e cabeceira da Costa da Morte. A pista non nace con vocación localista, aínda que pretende dinamizar aspectos como o comercio local. Carballo ten que ser punto de encontro de toda a Costa da Morte e aposta por este tipo de modelo de pequena cidade".

Compartir: