Inicio Carballo ao día Hemeroteca O venres finaliza o programa Aprender para Educar

CULTURA

O venres finaliza o programa Aprender para Educar

Mércores 14 de decembro do 2005

Un dos maiores retos compartidos pola escola e pola familia é acadar que nenos e nenas descubran o pracer e o valor da lectura, conseguir facer lectores autónomos, motivados e con criterio propio. Na charla abordaranse aspectos como o desexo de ler, a curiosidade por saber e a paixón pola lectura, a lectura como fonte de aprendizaxe, que ler en cada idade e prácticas familiares que favorecen o hábito lector. Esta última charla pon fin a un ciclo de cinco conferencias que se levan desenvolvendo no multiusos carballés dende 0 7 de outubro.

Compartir: