LECER
O Concello presenta unha oferta variada para o Nadal Cultural
Mércores 7 de decembro do 2005
Trinke Trinke será o encargado de abrir as actuacións o venres día 9 de decembro na ludoteca municipal, co sue espectáculo [i[Ter amigos dirixido aos máis pequenos. Pola noite, no Pazo da Cultura, a compañía Disque Danza ofrece un novo espectáculo. A música será a protagonista da primeira fin de semana de actuacións. O sábado 10 de decembro, no Pazo da Cultura, a Orquesta de Cámara da Sinfónica de Galicia ofrece un concerto, actuación que precede á do domingo 11 de decembro, a cargo do Orfeón Terra a Nosa, tamén no multiusos carballés. A presentación do libro Memoria de Carballo, a conferencia Lingua e empresa, a inauguración do Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirísou a entrega de premios do concurso de carteis serán outras das actividades a desenvolver dentro do Nadal Cultural.
Nadalpequespectacular
O Nadal Cultural ofrece tamén unha grande variedade de actividades para os nenos do concello. Baixo o nome de Nadalpequespectacular organizaranse obras de teatro, ademáis de espectáculos de danza, música e maxia. Tamén está prevista a organización dunha chocolatada e prevese a realización de dous festivais infantís os días 3 e 4 de xaneiro, no polideportivo Bergantiños.