CULTURA
Dous novos concertos poñen fin ao Novembro con Música
Venres 2 de decembro do 2005
No mesmo lugar e á mesma hora, aínda que o sábado 3 de decembro, a Banda Municipal de Carballo ofrece o último dos concertos incluidos no programa, poñendo fin así a un total de doce concertos dende que a principios do mes de novembro a Real Filharmonía de Galicia abrira o evento. Cerca dunha trintena de formacións participaron dos espectáculos ofertados polo Concello de Carballo durante o Novembro con Música, que contou coa colaboración da Consellería de Cultura e Deporte, Obra Social Caixa Galicia, Deputación de A Coruña e a Coral Polifónica de Bergantiños.