Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello demandará a realización...

COMUNICACIÓNS

O Concello demandará a realización dun estudo de viabilidade do proxecto do Metro Lixeiro

Venres 2 de decembro do 2005

Evencio Ferrero, José Manuel López e Manuel Pose coincidiron no plantexamento e demanda de solucións ao incremento das necesidades de comunicación coa construcción do porto exterior e o desenvolvemento de áreas industriais na zona. O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, manifestou a necesidade de "adiantarse e facer previsións de futuro. Carballo soporta un volume de vinte mil vehículos diarios que se vai incrementar e necesitamos mellorar a calidade de vida e calidade urbana da localidade. Neste último apartado, temos que deseñar o modelo de concello que queremos, conscientes de que os dazasetemil habitantes cos que conta o casco urbano incrementaranse en poucos anos ata os vintacinco mil". Evencio Ferrero engadiu que "o metro lixeiro supón unha alternativa de futuro que nos vai por enriba da mesa as necesidades de infraestructuras da Costa da Morte. Queremos que as administracións sondeen esta posibilidade e reflexionen e actúen". Os tres rexedores ven con bos ollos a idea do metro lixeiro e as ventaxas que tería en materia de comunicación para a zona. Os alcaldes aproveitaron a xuntanza, ademáis, para falar da situación a autovía Carballo-Coruña e a necesidade de suprimir a peaxe.

Compartir: