Inicio Carballo ao día Hemeroteca O alcalde reúnese para abordar a...

COMUNICACIÓNS

O alcalde reúnese para abordar a posibilidade de instalar una vía de metro lixeiro

Xoves 1 de decembro do 2005

As necesidades de crecemento da localidade e o papel que desenvolve Carballo como cabeceira de comarca foron analizadas nesa última xuntanza, para determinar a necesidade dunha infraestructura de comunicación deste tipo. A Cámara de Comercio apuntou a necesidade de facer un estudio de viabilidade para comprobar se é factible a realización dunha infraestructura e servizo deste tipo, mentres que Comisións Obreiras manifestouse a favor de apoiar a realización do estudio de viabilidade e acudir as reunións preceptivas para falar do asunto. O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, entende a reunión como unha forma de "sacar conclusións comúns e coñecer a problemática de cada concello en materia de comunicación. Acudimos a xuntanza coa vontade de que o eixo Carballo-Laracha-Arteixo se convirta nun eixo industrial de referencia, para o que temos que buscar capacidade nas infraestructuras. O Metro Lixeiro pode xogar un papel tremendamente impulsor de todo este espazo territorial".

Compartir: