Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello conta con dazasete prazas para...

PROGRAMACIÓN DEPORTIVA

O Concello conta con dazasete prazas para participar na Campaña de Esquí da Deputación da Coruña

Xoves 1 de decembro do 2005

A estancia e manutención desevolveranse nun hotel de tres estrelas en Jaca e as actividades de esquí na Estación Invernal de Candanchú (Huesca). O transporte tamén está incluido na oferta e os que sexan admitidos terán que aboar 85 euros como cota de participación. No caso de ter máis solicitudes que o número de prazas concedidas polo Deputación (17), farase un sorteo público ante o secretario do Concello, que terá lugar o día 3 de marzo ás 13,30 horas na Casa do Concello de Carballo. Neste caso, os rapaces que non fosen admitidos quedarán en lista de espera por se se concedese algunha praza máis. O prazo de inscrición para achegar as solicitudes é do 2 de decembro de 2005 ao 24 de febreiro de 2006. As instancias solicitando tomar parte na Campaña de Esquí 2006 pódense recoller no Concello e dirixiranse ao Sr. Alcalde-Presidente do Concello de Carballo, presentándose no Rexistro Xeral, no primeiro andar. A Deputación da Coruña responsabilizarase da maior parte dos gastos ocasionados polos cursos, como o transporte de todos os participantes dende os puntos de recollida, estancia en hotel de 3 estrelas, manutención, monitores, clases de esquí, seguros, alugamento do material, actividades deportivas e culturais, etc.

Compartir: