Inicio Carballo ao día Hemeroteca A formación específica...

OSERVATORIO SOCIOECONÓMICO

A formación específica dinamizará a actividade emprendedora na comarca

Luns 5 de setembro do 2005

As liñas estratéxicas de desenvolvemento da actividade emprendedora da Costa da Morte pasan pola concienciación aos cidadáns da utilidade da formación empresarial, así como pola análise e ampliación da oferta formativa existente para adaptala ás necesidades específicas das empresas establecidas na comarca.

Outra das conclusións que se definiron nas mesas de traballo do Observatorio socieconómico de Carballo son a necesidade de mellorar as axudas financeiras aos emprendedores, o apoio á anovación empresarial e as reducións nas cotas da Seguridade Social e do Imposto de Sociedades, naquelas empresas de nova creación.

A mesa de traballo sobre a actividade emprendedora na Costa da Morte formou parte da rolda de reunións organizadas polo Observatorio socieconómico local de Carballo entre os días 11 e 13 de xullo. O obxectivo destas reunións - promovidas pola Cámara de Comercio da Coruña, a través da súa Antena Local en Carballo - foi o de definir e priorizar as liñas estratéxicas de actuación para o desenvolvemento do sector turístico, do solo industrial e da actividade emprendedora.

Compartir: