Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello estudia a utilización de...

REUNIÓN CO INEGA

O Concello estudia a utilización de enerxía solar térmica na piscina Carballo Calero

Mércores 30 de novembro do 2005

O director do INEGA aproveitou a súa estancia en Carballo para definir as liñas mestras dun próximo convenio de colaboración que firmará coa Asociación de Xóvenes Empresarios de Bergantiños (AXOBER) para a segunda edición das Xornadas sobre Enerxías Renovables. O INEGA realizará una aportación económica para a organización das Xornadas e técnicos do Instituto colaborarán no deseño do programa e participarán das ponencias incluidas nas mesmas. Ademáis, Ramón Doldán adquiriu o compromiso de buscar o apoio doutros organismos e empresas do sector enerxético para facer algún tipo de aprotación ás Xornadas. É previsible, tamén, que o INEGA aporte a exposición A través das Enerxías para a celebración do evento. Os membros de AXOBER amosaron a súa satisfacción pola experiencia das I Xornadas que foron adicadas en grande medida a enerxía solar e que nesta segunda edición pretenden ampliar a outras fontes como a biomasa, Eólica ou Hidráulica. Para os Xóvenes Empresarios de Bergantiños, "neste momento é fundamental abrir un novo campo deste sector a profesionais e público en xeral, xa que son os beneficiarios destas novas enerxías", e confían en acadar un novo éxito coa celebración das segundas xornadas polo interese que espertan na comarca de Bergantiños as posibilidades das enerxías renovables no seu conxunto. Ramón Doldán engadiu que "Carballo pode ser unha referencia potencial de enerxías renovables", ademáis de suliñar as boas condicións que existen na comarca para o aproveitamento dos residuos forestais. O alcalde de Carballo aproveitou a ocasión para facer entrega a Ramón Doldán dunha copia do estudio sobre as necesidades enerxéticas da Costa da Morte presentado recentemente nas Torres do Allo.

Compartir: