PLENO ORDINARIO
Vanesa Viña despediuse da Corporación Municipal
Martes 29 de novembro do 2005
Os outros puntos aprobados no pleno fan referencia a tres modificacións doutras tantas ordenanzas fiscais -as reguladoras das taxas pola prestación do servizo de rede municipal de sumidoiros de augas residuais, polo subministro e acometida á rede xeral de abastecemento de auga potable e do cemiterio municipal- e a adxudicación das Bolsas de Estudo e Transporte, curso 2005-2006.
Xunta de goberno local
O luns 28 de novembro celebrouse tamén unha nova Xunta de Goberno Local na que, ademáis de conceder autorizaciós para oito novas licenzas de vaos permanentes, concedéronse subvencións por un importe global de 5.200 euros ás Festas da Milagrosa, da Pilarica e San Cristovo. Ademáis, a Xunta de Goberno Local acordou adxudicar mediante concurso, procedemento aberto, un contrato administrativo especial da "Explotación da cafetería-restaurante do Pazo da Cultura do Concello de Carballo". Adxudicáronse tamén, mediante procedemento negociado sen publicidade e tramitación ordinaria, a "Fabricación, subministro e instalación de armarios compactos con destino ao arquivo municipal" e o "Subministro e instalación dun ascensor na Casa do Concello de Carballo".