Inicio Carballo ao día Hemeroteca Vanesa Viña renuncia ao seu cargo de...

SESIÓN PLENARIA

Vanesa Viña renuncia ao seu cargo de concelleira

Luns 28 de novembro do 2005

Será un dos asuntos que configuran a orde do día dunha sesión na que se debatirán, ademáis, o Plan de Obras e Servicios da Deputación da Coruña e Plan Complementario, a denominación de novas rúas no municipio e no polígono industrial de Bértoa, tres modificacións doutras tantas ordenanzas fiscais -as reguladoras das taxas pola prestación do servizo de rede municipal de sumidoiros de augas residuais, polo subministro e acometida á rede xeral de abastecemento de auga potable e do cemiterio municipal- ou a adxudicación das Bolsas de Estudo e Transporte, curso 2005-2006. A sesión plenaria, como habitualmente, dará comezo ás 20,30 horas.

Compartir: