Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Novembro con Música achega tres novas...

CONCERTOS

O Novembro con Música achega tres novas actuacións a fin de semana

Xoves 24 de novembro do 2005

A Big Band do Conservatorio Profesional de Música de Carballo é unha das formacións máis veteranas deste centro de estudos musicais e que leva realizado dende 1993, ano da súa presentación, numerosas actuacións ao longo de toda Galicia, participando en distintos certames e concursos musicais e ten gravado un disco. A Big Band está integrada, na actualidade, por unha vintena de alumnos do Conservatorio.

Homenaxe a Santa Cecilia

O programa de música para este mes de novembro continúa o sábado día 26, co concerto organizado por Coral de Bergantiños en homenaxe a Santa Cecilia e no que, a parte da agrupación musical organizadora, participan a Coral de Cesullas e a Coral Armonúia de Ferrol. O domingo día 27 é o turno dos grupos de gaitas e cantareiras das Asociacións Culturais do Concello, para ofrecer unha mostra de música tradicional galefa. As actuacións do venres e sábado terán lugar no Pazo da Cultura, ás nove da noite, e con entrada de balde. A actuación do domingo comezará ás oito da tarde.

Compartir: