Inicio Carballo ao día Hemeroteca Tereixa Novo inaugurou a Feira das...

ACTOS DO 25-N

Tereixa Novo inaugurou a Feira das Asocaicións

Xoves 24 de novembro do 2005

A Delegada Provincial de Igualdade e do Benestar suliñou, no acto de inauguración, a necesidade de "ser capaces de sacar á luz pública a lacra social da violencia contra a muller, froito dunha discriminación secular. Na medida en que non se exteriorice esta problemática non se poderá solucionar". Tereixa Novo deu a noraboa ás asociacións participantes na Feira por "ser activas socialmente e solidarias coa labor social" e concretou o "compromiso da Xunta de Galicia no seu conxunto e a Vicepresidencia de Igualdade e Benestar de implementar políticas encamiñadas a rematar coa violencia de xénero contra as mulleres. Estamos a traballar de maneira transversal e coordinadamente para que se teña en conta a problemática e conseguir a igualdade real entre homes e murelles". O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, manifestou na súa intervención a satisfacción de contar cun "espazo de encontro do movemento asociativo, con sectores vinculados á problemática social". O rexedor municipal deu lectura, ademáis, á Declaración Institucional contra a Violencia de Xénero aprobada no pleno ordinario do pasado mes de outubro. Os actos do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller continuarán o venres, coa celebración no Pazo da Cultura da terceira edición das xornadas Palabra de Muller. A inuaguración das mesmas correrá a cargo da Secretaria Xeral de Igualdade, María do Carme Adán, e contarán coa presenza de varios conferenciantes que analizarán aspectos relacionados coa situación da muller.

Compartir: