COMISIÓNS INFORMATIVAS
As Comisións Informativas debaten o POS e tres modificacións de ordenanzas fiscais
Mércores 23 de novembro do 2005
Son a Ordenación e urbanización de Plaza municipal de Bértoa, as Beirarrúas en Oza, a Urbanización en Constenla e Casadelas, o Afirmados camiños en Barreiros e Xoane, o Afirmado de camiño de San Sadurniño a Cornaces, o Afirmado de camiños en Cobas e Reboredo, o Afirmado de camiño en Ponte Guntián, o Afirmado de camiño en Rus, e oAfirmado de camiños en Razo. A comisión informativa de Urbanismo e Desenvolvemento aborda tamén a iniciación de expediente de ocupación directa para apertura da ampliación da rúa Grabador Manuel Facal. Tamén celébranse as comisións informativas de Acción Social, Participación e Persoal e a de Asuntos e Económicos e Especial de Contas. Nesta última, que comeza ás 18,45 horas, abordaranse tres modificacións doutras tantas ordenanzas fiscais. Son as reguladoras das taxas pola prestación do servizo de rede municipal de sumidoiros de augas residuais, polo subministro e acometida á rede xeral de abastecemento de auga potable e do cemiterio municipal. A comisión informativa de Acción Social, Participación e Persoal aborda a denominación de novas rúas e a adxudicación das Bolsas de Estudo e Transporte, curso 2005-2006. A hora de comezo desta sesión é ás seis da tarde.