Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello traslada diversas prioridades á...

XUNTANZA EN SANTIAGO

O Concello traslada diversas prioridades á Conselleira de Cultura e Deporte

Luns 21 de novembro do 2005

Dentro dunha liña estrátexica de máis longo prazo, trasladouse que a Concellería de Cultura do Concello de Carballo está traballando no deseño dun plan cultural:

  • BIBLIOTECA COMARCAL. Necesidade de conseguir unha biblioteca que sexa referente na comarca, xa que a situación actual da biblioteca municipal non permite desenvolver as potencialidades e a dinámica cultural que serían de desexar nunha biblioteca.
  • AXENCIAS DE LECTURA NAS PARROQUIAS. O obxectivo da concellería de cultura é o achegamento gradual dos servizos bibliotecarios municipais ao medio rural.
  • MUSEO DE BERGANTIÑOS. Carballo como referente comarcal, ten que contar cun museo temático que evidencie esa específidade presente na sua historia (trolebuses, volfran.....) na sua economía ( o pan, as augas termais....)Este proxecto pódese enmarcar dentro do programa de recuperación da memoria histórica Galega.
  • PATRIMONIO CULTURAL. Son obxectivos fundamentais da concellaria de cultura a conservción, divulgación e posta en valor de todos bens culturais materiais e inmateriais asi como o natural e para iso toda axuda é pouca.

  • O alcalde de Carballo e a concelleira de cultura tamén demandaron melloras en materia deportiva, como o cambio de cespede no campo de futbol municipal e a instalación dunha nova caldeira para o campo. Ademáis, demandouse Apoio ao deporte escolar e aos equipos e deportistas da comarca.

    Compartir: