Inicio Carballo ao día Hemeroteca A música volve a ser protagonista a fin de...

NOVEMBRO CON MÚSICA

A música volve a ser protagonista a fin de semana

Venres 18 de novembro do 2005

Tres das máis importantes formacións vocais de Carballo, a Coral Polifónica de Bergantiños, a Agrupación Polifónica de Bergantiños e o Coro Aires de Bergantiños amosarán un amplio repertorio tanto de música polifónica como de música vocal tradicional. O concerto terá lugar tamén no Pazo da Cultura, a partir das nove da noite do sábado, con entrada gratuita.

Exposicións

Dúas exposicións, ademáis, completan parte da axenda cultural do Concello de Carballo para os vindeiros días. Desde o venres 18 de novembro pódese contemplar no Museo de Bergantiños a exposición de Isidoro Brocos, mentres que no Pazo da Cultura permanece unha exposición de fotografías relacionadas co terceiro aniversario do afundimento do Prestige. A primeira das exposicións permanecerá no Museo de Bergantiños ata o 15 de decembro, mentres que a segunda poderase visitar ata o 30 de novembro.

Compartir: