CULTURA
Carballo acolle a fase final do certame teatral Na Vangarda 2005
Venres 18 de novembro do 2005
O Director Xeral de Xuventude e Solidaridade manifestou no acto de presentación a necesidade de "potenciar ás ideas da xente nova e apoiala desde a Administración", ademáis de considerar o evento como "fundamental para normalizar cultural e lingüísticamente o noso país". Rubén Cela engadiu que o certame cumpre "a función de dignificar profesionalemente á xente nova que no futuro se poida adicar a esto". O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, manifestou que "en Carballo existe unha boa infraestructura que posibilita a realización de eventos deste tipo, que adeáis vai permitir ós carballeses coñecer estas novas compañías de teatro afecionado". As primeiras representacións terán lugar o martes 29 de novembro. Teatro no Aramio de Santiago representará, ás cinco da tarde, O asasino sorrinte e, ás nove da noite, será o turno da Asociación Cultural IN BOCCA AL LUPO de Lugo, cos seus Paxariños Preñados. O mércores 30 de novembro, tamén en dobre representación de cinco da tarde e nove da noite, será o turno para Aula de Teatro QUARTOSCURO de Pontevedra e a súa Noite de Molly Bloom e para TEATRO LUNA de Vigo co Salvaxe Óscar. Os outros dous finalistas actuarán o xoves 1 de decembro. Ás cinco da tarde farao o IES ROSALÍA DE CASTRO de Santiago con Ó outro lado de valado e as nove da noite a Aula de Teatro Universitaria de Ourense MARICASTAÑA con Frankenstein. A entrega de premios do certame Na Vangarda 2005 será o día 16 de decembro e o gañador deberá representar a súa obra no Salón-Teatro en Santiago de Compostela. O primeiro premio é de 6.000 euros, o segundo de 3.000 euros e o terceiro de 1.500 euros.