VISITA INSTITUCIONAL
O Director Xeral de Xuventude visita Carballo
Xoves 17 de novembro do 2005
A primeira das visitas será ao Centro de Formación, ás once e media da mañán. Con posterioridade, Rubén Cela visitará a Casa da Xuventude, co fin de coñecer as instalacións e actividades que se desenvolven no recinto cultural. A visita ven condicionada, ademáis, pola presentación do Teatro na Vangarda, que oficiará co alcalde de Carballo na casa do concello, ás once da mañán.