Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello e o CIM presentan as Xornadas Palabra...

TERCEIRA EDICIÓN

O Concello e o CIM presentan as Xornadas Palabra de Muller

Xoves 17 de novembro do 2005

A Delegada Provincial de Igualdade e do Benestar, Tereixa Novo, será a encargada de inaugurar a Feira das Asociacións, a celebrar na Praza do Concello o día 24, de once da mañán a sete da tarde. As terceiras Xornadas Palabra de Muller comezarán o día 25 ás catro da tarde, coa inauguración a cargo da Secretaria Xeral da Igauldade, Carme Adán. Con posterioridade celebraranse tres ponencias. Ás catro e cuarto, Noelia Marta Gantes, técnica de Servicios Sociais de Cruz vermella, falará do Programa de Teleasistencia Móvil para Víctimas da Violencia de Xénero. Ás cinco da tarde, Javier Rey Ozores, fiscal delegado de violencia de xénero da Fiscalía de A Coruña falará sobre A intervención fiscal nos procesos xudiciais de violencia sobre a muller. A última das ponencias, ás seis da tarde, correrá a cargo de Remei Sipi Mayo, escritora e presidenta de Asociacións en defensa dos dereitos das mulleres africáns, coa Situacións das mulleres nos países africáns. O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, clausurará as Xornadas ás oito da tarde. O rexedor local, no acto de presentación, destacou "a necesidade de reflexionar sobre unha realidade que debemos ir cambiando. Esta ano volveuse a facer a Declaración Institucional, pretendemos que se consolide a Feira das Asociacións e queda de manifesto o compromiso da Xunta de Galicia, coa presenza de Tereixa Novo e Carme Adán, para tentar mudar esta realidade". Para a Feira das Asociacións xa se confirmou a asistencia de 18 asociación que traballan con e para a muller.

Compartir: