Inicio Carballo ao día Hemeroteca A Costa da Morte contará cun plan de...

OBSERVATORIO SOCIOECONÓMICO

A Costa da Morte contará cun plan de promoción turística

Mércores 3 de agosto do 2005

Os expertos e profesionais asistentes a estas xornadas sinalaron como actuacións prioritarias a de coñecer e anunciar o patrimonio cultural e natural a conservar - coa elaboración e difusión de rotas - así como a necesidade de poñelo en valor dende a educación primaria. Parello a isto está o desenvolvemento de plans que minimicen os impactos ambientais, a adaptación dos plans urbanísticos á riqueza natural da zona ou o fomento do comportamento ecolóxico a través de incentivos tanto aos empresarios coma aos turistas.

Entre as actuacións prioritarias para a dinamización do sector turístico na Costa da Morte atópase o deseño de de programas específicos de formación continuo dos traballadores, o desenvolvemento de instrumentos de apoio á mellora empresarial e á actividade emprendedora, a través do fomento de iniciativas como as do ocio alternativo ou o turismo de aventura.

O Observatorio local de Carballo pretendía que estas xornadas, celebradas entre o 11 e o 13 de xullo, fosen unha ferramenta de achegamento á realidade socioeconómica da Costa da Morte. As sesións orientáronse a detectar as necesidades, as problemáticas e as estratexias clave en cada un dos tres temas que se trataron: actividade emprendedora, sector turístico e solo industrial.

Compartir: