Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello firma o contrato para a mellora de...

PLAN DE OBRAS E SERVICIOS

O Concello firma o contrato para a mellora de varias pistas do municipio

Mércores 16 de novembro do 2005

As melloras incluidas no proxecto son as do camiño de As Canles á Pista de Caxín, en Entrecruces Alta, unha pista de monte en Carballo de Arriba e pistas en Agra da Pedra. No primeiro dos casos, o camiño conta con 500 metros de lonxitude e 4 de ancho. Na segunda das pistas, existen dous tramos ben diferenciados: un primeiro de 100 metros de lonxitude e catro de ancho e un segundo de 450 metros de lonxitude e catro de ancho. A última das pistas, en Agra da Pedra (Cances) conta cunha lonxitude de 800 metros e tamén 4 metros de ancho. O plazo de execución da mellora estímase en oito semanas.

Compartir: