Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello prevé a construcción dun...

MELLORAS NO LITORAL

O Concello prevé a construcción dun observatorio de aves en Baldaio

Martes 15 de novembro do 2005

A opción proposta é a instalación dunha pequena edificación, duns 30 metros cadrados de superficie en planta, elevada aproximadamente dous metros cadrados do nivel do chan. A edificación estará dividida en dúas zonas:

  • un habitáculo pechado, acondicionado con cristaleiras.
  • unha zona de balcón, debidamente protexida con varandas.
  • En canto á xustificación dos materiais escollidos, tívose en conta que para realizar unha plataforma de observación deste tipo, que estará emprazada nun contorno natural, atópase moi axeitado o emprego de madeira, neste caso de pino do país, pola súa perfecta adaptación ao contorno. Para conformar a estructura da obra, dado que algúns dos elementos teñen dimensións pouco comúns, construiranse con madeira de pino laminada. Para a ancoraxe da obra ao chan conformarase unha cimentación composta de 6 zapatas de formigón, con dimensións 60x60x50, nas que se instalará chapas metálicas de amarre autonivelantes. Coa construcción dun observatorio de aves espérase incrementar a conciencia ambiental entre a poboación local e visitante de cara a unha mellor conservación do espazo e dotar esa poboación dun observatorio que permita conseguir este resultado, especialmetne nas novas xeracións. O importe para cubrir os gastos do proxecto ascende a un total de 32.698,00 euros, sendo ésta a achega solicitada á Fundación Arao. O tempo para desenvolver este proxecto sería de dous meses.

    Compartir: