Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello pretende a mellora de accesibilidade...

MELLORAS NO LITORAL

O Concello pretende a mellora de accesibilidade no arenal de Razo

Martes 15 de novembro do 2005

Nos puntos donde existen báculos de alumeado, así como frente ao paso de peóns, prevese un ancho de catro metros. No primeiro caso, para non interromper a pasarela e manter o ancho do paso e, no segundo, para permitir a espera de peóns frente ao paso de cebra. A pasarela estará construida con madeira de pino do país, formada por pavimento de taboa de sección 15x6 cm unida á estructura por medio de tornillos tirafondos de aceiro inoxidable. A estructura estará composta por tablón de 20x7,5 cm con pilotes de pino do país. O presuposto da execución da pasarela ascendería a 54.225,87 euros, sendo a total presuposto base de licitación de 74.853,38 euros.

Compartir: