XUNTA DE GOBERNO LOCAL
Adxudicado o contrato para a elaboración do Inventario Municipal de Bens do Concello de Carballo
Luns 14 de novembro do 2005
Foi un dos acordos da Xunta de Goberno Local, que adxudicou, ademáis, os contratos para a realización dun traballo de asistencia técnica das accións de promoción e de formalización do proxecto INTERREG III A "TURMAS. Turismo e medio natural sostíbel" e un traballo de asistencia técncia da acción "Axendas Locais 21" do proxecto INTERREG III A "TURMAS. Turismo e medio natural sostíbel". Outros dos acordos adoptados na Xunta foron os de aprobar a certificación final da obra "Execución de paso subterráneo e dotación de infraestructuras na rúa Coruña" e a de "Afirmado e mellora capa rodadura do camiño Espino-Bas".