Inicio Carballo ao día Hemeroteca Firmado o contrato para desenvolver un Plan de...

PLAN INTEGRAL DE ACCESIBILIDADE

Firmado o contrato para desenvolver un Plan de Eliminación de Barreiras Arquitectónicas

Luns 14 de novembro do 2005

A empresa deberá entregar antes do 15 de decembro o proxecto, que se inclúe no marco dun convenio de colaboración que o Concello de Carballo asinou o 16 de xuño co Imserso e coa Fundación Once para a cooperación e integración social de persoas con discapacidade, e que será efectivo ata o 31 de decembro deste ano. O orzamento total do proxecto é de 69.500 euros. A maior parte do orzamento previsto vaise financiar con fondos Feder, un total de 48.650 euros. A achega económica do Concello de Carballo será de 7.645 euros. As cantidades restantes correspóndense coa participación financeira do Imserso, un total de 8.340 euros, e da Fundación Once, de 4.865 euros.

Compartir: