Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello avanza na tramitación da nova...

POLÍGONO INDUSTRIAL

O Concello avanza na tramitación da nova ampliación do Polígono Industrial de Bertoa

Venres 11 de novembro do 2005

A Oficina Técnica Municipal, según se acordou na xuntanza, remitirá a calificación do solo para que despois sexa o Instituto Galego de Vivenda e Solo quen elabore unha proposta de convenio. O seguinte paso para a consolidación da ampliación sería o de asinar o convenio para facer o plan de sectorización, con prioridade para a zona de 11 hectáreas. Na xuntanza en Santiago tamén estivo presente José Manuel Rey, técnico do Instituto Galego de Vivenda e Solo. O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, fixo unha valoración da xuntanza "altamente positiva, xa que as demandas do Concello está a ser escoitadas. Esperemos que este novo paso faga posible o desenvolvemento e consolidación do eixo industrial Carballo-Arteixo".

Compartir: