Inicio Carballo ao día Hemeroteca Reanúdase o programa Aprender para Educar

ENSINO

Reanúdase o programa Aprender para Educar

Mércores 9 de novembro do 2005

A educación para a saúde enténdese como un proceso de información e de sensibilización mediante o cal os pais e nais adquirirán/modificarán coñecementos, actitudes e hábitos para a promoción da saúde na familia, especialmente, naqueles aspectos no que as responsabilidades familiares son máis directas, como a alimentación e a creación de hábitos saudábeis:

  • Estilos de vida saudables
  • Alimentación do neno e o adolescente
  • Necesidades nutricionais e dieta optimizada
  • Alteracións do comportamento alimentario
O ciclo de conferencias dentro do programa Aprender para educar continuará o 25 de novembro e o 16 de decembro. A mestra e pedagoga Cristina Lerma e a psicóloga Carme Loriga ofrecerán as duas últimas charlas: Educar os sentimentos, as emocións e a sexualidade e Como facer lectores. Ao igual que as precedentes, as conferencias terán lugar no Pazo da Cultura de Carballo.

Compartir: